Das cousas da casa

02Mar09

Me parece casi ofensivo escribir este post en castellano, pido disculpas a los lectores no aprendidos.

Catro anos de volta

Isto non é unha análise política das eleccións do día 1. Isto tampouco é una disertación crítica dos resultados das mesmas. Isto non pretende ser un chamamento ós votantes do partido gañador. Isto só é unha reflexión persoal do que nos espera nos próximos catro anos.

De primerias, o señor Núñez Feijoo non vai solventar a crise. O Partido Popular non é reformista nin galeguista (¡¿como vai ser galeguista cando promoven organizacións do calibre de Galicia Bilingüe?!) nin ten intereses sociais. O PP fai demagoxia co que faga falta, non respecta os demais partidos e non admite crítica ningunha. A formación dos seus compoñentes de base -empezando, por exemplo, polo alcalde da miña vila- é, sinxelamente, inexistente. Os seus órganos superiores manteñen membros que formaron parte activa da Dictadura de Franco.

A situación da nosa Comunidade mudou en gran medida na última lexislatura no panorama nacional (e que ninguén recorda canto se riron de nós por cousas como Fragasaurio e que foi o resto do país quen nos axudou co Prestige?), e un goberno de dereitas co PSOE en Madrid non é bo para ninguén. Pouca xente pode comprender o que supón para tódolos galegos e galegas depender dun partido político que non é capaz de funcionar internamente. Dun paritdo que arremete contra a Lei de Igualdade, de Dependencia, do Banco de Terras e de calquer intento reformista e innovador e que segue a levar a Manuel Fraga ós seus mitins. Alberto, ímoslle chamar xa polo nome de pila, ten vídeos tan magníficos como este:

Espero que as cousas non lle vaian mal a Galiza, porque, os galegos somos así. Pedimos perdón, agochamos a cabeza e mexan por nós e temos que dicir que chove.

Anuncios


No Responses Yet to “Das cousas da casa”

  1. Dejar un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: